250MB free for everyone.

Museo

   

 

 

 
 

Museo e artesán

Obras máis destacables

Visita virtual ó museo e fotos doutras obras.

Arqueoloxía no museo

Notas do artesán

Contacto

Enlaces amigos

 


Museo e artesán

O Museo de Pedra foi fundado por Alvaro Pereiro Rodríguez coa colaboración do Plan Leader II no ano 1998. Para poder visitalo a carretera de acceso é a que vai de Oural a O Incio, atopándose éste situado a 7 Km. de Oural e a 8 Km. do Incio.
Este Artesán Escultor comezou exercendo de traballador nas canteiras de lousa que posuía a familia de ahí comezou o seu interese pola pedra.
En 1993 o formador D. Xesús Arnejo Fandiño espertou a vocación da escultura, dos gravados e máis da heráldica neste artesán traballando con el cóbado con cóbado durante unha larga estadía, na marmorería Sarria de Manosa en Lugo.
No seguinte ano deseñou e realizou a súa primeira obra en heráldica, o apelido Pereiro, do Oficio e máis do lugar; dentro deste mesmo ano iniciouse por el mesmo na escultura de ferro realizando un Peregrino con pezas de vehículo.
No ano 1995 fai a súa primeira exposición no Ateneo Ferrolán e tamén fai a reconstrucción e reforma na vivenda na que logo sería o museo actual.
Xa asentado como artesán no 1996 comprometeuse co concello do Incio na talla do escudo, coroa, cornixa e gravado da fronteira do novo concello.
Despois desto seguiron as súas obras que se espallaron por todo o territorio local, autonómico (Barcelona) e incluso Internacional (Puerto Rico).
Hoxe en día dedicase básicamente ao estudio, deseño e esculpido de escudos heráldicos en granito ou mármore.

 


Pezas

Mentes cruzadas:
Realizada no 1998. Obra sub-realista cubista realizada en mármore de Louzara cunhas medidas aproxim. De 50cm por 74cm mais 14 de pé (o pe é feito de ferro).

Logotipo Mondariz:
Realizada no ano 1999. Obra de efecto sombras por iluminación vertical sobre a mesma.
Realizada en granito de Parga e cunhas medidas de 65cm por 110cm.


Cristo de xeonllos:
Realizada no ano 2000. Obra con mixtura dos tres materiais da zona do Incio: Mármore branco, mármore gris e lousa gris cunhas medidas de 80cm por 50cm por 104cm.


Mural "As vivencias de Sarria":
Realizada no ano 2001. Obra realista. Tallada en mármore do Incio cunhas medidas de 245cm por 124cm por 8cm.


Musa:
Realizada no ano 2002. Obra realista sobre sub-realismo. Tallada en Magnesio negro cunhas medidas de 110cm por 37cm por 36cm.


Alga Marina:
Realizada no ano 2003. Obra sub-realista basada na traxedia do "Prestige". Tallada en mármore de Lóuzara cunhas medidas de 90cm por 38cm por 129cm mais 23 de pe (feito en ferro).

Escudo Heráldico Familia Témez:
Realizada no ano 2001. Obra tallada en granito silvestre cunhas medidas de 125 por 52 cm

Escudo
Realizado no ano 1998. Contén os tres apelidos familiares. Obra realizada en granito, de medidas de 54 por 41 cm

Meteorito:
Realizado en lousa no ano 1998. En recordo ó cometa Halley. Medidas de 80 por 109 cm

Vieira: 1 2
Realizada no ano 2005. Obra en mármore do Incio sendo unha das pedras especiais, en principio era destinada para unha pía bautismal dunha igrexa. As medidas de 69 por 70 cm

Grial: 1 2
Realizado no ano 2006. Obra realizada en alabastro é unha escultura que recorda barios símbolos mitolóxicos. As medidas de 16 por 19 e por 11,5 cm

Cuadro:
Realizado no ano 2002. Este cuadro tridimensional é causante de efectos visuais. Experimental. Medidas 45 por 51 cm

 


Arqueoloxía dentro do museo

Neste museo aparte das pezas vistas contemporáneas tamén hai unha pequena mostra arqueolóxica de pezas recuperadas nos castros celtas da zona.
Un exemplo destas pezas e un muíño celta (2000 a.c.) manual que a diferencia dos romanos (movementos rotatorios) este moe cun movemento de vaivén. Poderemos ver tamén fragmentos de cerámica celta e outros materiais como un transfugueiro de granito (atopado nun castro celta), un sarcófago dun neno da época celta ou un útil feito en granito onde sacrificaban os animais e servía para aproveitar o seu sangue.

 


Contacto

Para contactar comigo pulsa o enlace ou chama ós segintes teléfonos:......982427146......606507496

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


Let us know if this page contains pornographic, copyrighted, or hate content. 250Free proudly supports TheFreeSite.com